Liga Nacional de Billarda

LNB => LNB Sur => Topic started by: frenchchou on October 13, 2009, 04:27:12 pm



Title: Estreamos unha nova ferramenta
Post by: frenchchou on October 13, 2009, 04:27:12 pm
Ola, esta é unha proba para avaliar como funcionaría un foro da LNB Sur. É resultado dunha suxerencia de Gil, dos Branco e Negro. Que vos parece? Credes que é boa idea? Podería extenderse ás outras conferencias? Agardamos a vosa participación!


Title: Re: Estreamos unha nova ferramenta
Post by: Amil on October 20, 2009, 12:24:57 pm
Boas a todos.
Eu persoalmente creo que é unha boa idea o do foro.
Pode axudar a crecer a nosa conferencia, e a LNB en xeral, xa que é un bo expositor e intercambiador de suxerencias e ideas.
Adiante, so falta que a xente participe.
Saúdos a todos os billardeiros!