Liga Nacional de Billarda

LNB => Taboleiro xeral => Topic started by: Oestrimnio on January 21, 2010, 10:56:37 am



Title: Quen é o gañador dun torneo?
Post by: Oestrimnio on January 21, 2010, 10:56:37 am
Estiven lendo sobre o sistema de puntuación desta tempada (vin que tiña 5 puntos no anterior torneo e non sabía se estaba ben) e creo que atopei un punto escuro. Gaña un torneo o vencedor da final ou o que máis puntos teña? Este suposto non é moi difícil, pois basta con que o gañador da final quede terceiro do seu grupo preliminar (sumaría 8 puntos) e o perdedor da mesma gañara o grupo (sumaría 9 puntos). Supoño que será o vencedor da final, pero se o que importa para a xeral son os puntos, é absurdo que alguén que teña máis puntos non gañe. Outro suposto máis utópico: se o resultado anterior se repetise en todos os torneos, a teoría di que alguén que gañe todos os torneos sumando 8 puntos en cada un podería non gañar a Liga se alguén queda sempre segundo sumando 9. Mellor é prever...