Liga Nacional de Billarda
March 29, 2024, 03:24:02 am
Welcome, Guest. Please login or register.

Login with username, password and session length
News: Welcome to SMF For Free
 
   Home   Help Search Staff List Login Register  
Pages: [1]
 1 
 on: January 21, 2010, 10:56:37 am 
Started by Oestrimnio - Last post by Oestrimnio
Estiven lendo sobre o sistema de puntuación desta tempada (vin que tiña 5 puntos no anterior torneo e non sabía se estaba ben) e creo que atopei un punto escuro. Gaña un torneo o vencedor da final ou o que máis puntos teña? Este suposto non é moi difícil, pois basta con que o gañador da final quede terceiro do seu grupo preliminar (sumaría 8 puntos) e o perdedor da mesma gañara o grupo (sumaría 9 puntos). Supoño que será o vencedor da final, pero se o que importa para a xeral son os puntos, é absurdo que alguén que teña máis puntos non gañe. Outro suposto máis utópico: se o resultado anterior se repetise en todos os torneos, a teoría di que alguén que gañe todos os torneos sumando 8 puntos en cada un podería non gañar a Liga se alguén queda sempre segundo sumando 9. Mellor é prever...

 2 
 on: January 19, 2010, 01:08:54 pm 
Started by Gil - Last post by Amil
Eu creo que hai que establecer unhas normas para toda a tempada, o inicio da mesma, facerlle chegar estos requerimentos os grupos organizadores dos torneos, e deixarse de ir improvisando en cada xornada.
Non pode ser que en un campionato sexan 2 pistas dentro de pavillón e outras tantas fóra, por exemplo.
Isto desequilibra considerablemente a competición.
Déronse casos esta tempada nos que as pistas en un mesmo torneo presentaban desigual lonxitude, ancho, e incluso tipo de superficie, co que isto conleva. Afecta sobretodo a competición de varados, ademais de desequilibrar os cruces unha vez que todos os palanadores se xuntan logo dentro, ou fora.
Tampouco pode ser que en un campionato se estén dando 6,5,4,3,2,1.... puntos nos grupos e no seguinte se pase a 4,3,2,1... e no próximo a 5,4,3,2,1....
Un pouco de Uniformidade na competición para a próxima edición, plis!

 3 
 on: January 18, 2010, 03:35:26 pm 
Started by amasyWagsmere - Last post by amasyWagsmere
somebody got xrumer blast service in the previous time? Can anyone have visited site xrumer ? Can we get many backlinks and web traffic with xrumer in that way? My website is new and I need hundreds cool backlinks and vistors.

 4 
 on: December 15, 2009, 05:53:53 pm 
Started by Gil - Last post by Oestrimnio
Coincidir con Gil en todo o que di, sobre todo cando implicitamente pide a volta a El Aaiún de Aminatu Haidar, e sinalar:
a) na Quinibillarda para o Aberto da Pita de Mos o nome dos Oestrimnios está mal escrito (sen críticas, só con afán constructivo).
b) o segredo de que Chupito sexa bo á pincha queda ao descuberto no último vídeo colgado no blog. Fixádevos o que fai co palán e coa pincha mentres fala (que fará cando non o está a ver ninguén!).
Un saúdo,
Aníbal.

 5 
 on: October 23, 2009, 07:09:04 am 
Started by Gil - Last post by Gil
Cando o tempo e as instalacións o permitan poderíase incluír unha nova rolda ou unha gran repesca rápida para os cuartos ou quintos de grupo por exemplo.

 6 
 on: October 23, 2009, 06:59:07 am 
Started by Gil - Last post by Gil
Boas;

Pois grazas á organización por esta nova ferramenta pra facer <mal>…

Agradecementos: á organización por todo o seu traballo, a pablo polos seus vídeos, a chupi por deixar gañar aos demáis, aos comentaristas por animar as roldas finais…

Suxerencias: hai que revelarse a que Televaral Grupo Media impoña os horarios das competicións, debería haber diversificación… algún torneo en domingo por exemplo, e vista a capacidade todoterreno das/os billardeiras/os… xa está tardando o primeiro aberto nocturno!

Cuestións: cando se abre o mercado de fichaxes de inverno? É que andamos necesitados de persoal… hai que meter xente!


Veña, vémonos nos castanhazos.

 7 
 on: October 20, 2009, 12:24:57 pm 
Started by frenchchou - Last post by Amil
Boas a todos.
Eu persoalmente creo que é unha boa idea o do foro.
Pode axudar a crecer a nosa conferencia, e a LNB en xeral, xa que é un bo expositor e intercambiador de suxerencias e ideas.
Adiante, so falta que a xente participe.
Saúdos a todos os billardeiros!

 8 
 on: October 13, 2009, 04:27:12 pm 
Started by frenchchou - Last post by frenchchou
Ola, esta é unha proba para avaliar como funcionaría un foro da LNB Sur. É resultado dunha suxerencia de Gil, dos Branco e Negro. Que vos parece? Credes que é boa idea? Podería extenderse ás outras conferencias? Agardamos a vosa participación!

 9 
 on: October 14, 2009, 12:21:14 am 
Started by SMF For Free - Last post by SMF For Free
Welcome to SMF For Free!

We hope you enjoy using your forum. If you have any problems, please feel free to visit our support forums at http://www.smfsupport.com/support

If you are interested in ordering ad removal you can do so by going to: http://lnb.smfforfree3.com/upgrades.php

Thanks for choosing SMF For Free as your forum host
SMFForFree.com

Pages: [1]
Bookmark this site! | Upgrade This Forum
SMF For Free - Create your own Forum

Powered by SMF | SMF © 2016, Simple Machines
Privacy Policy